Encontro literario coa novelista Antía Yáñez
O encontro literario coa novelista Antía Yáñez estaba inicialmente previsto para o 8 de abril, no marco da Semana cultural do centro. Non obstante, este houbo de cancelarse por motivos alleos á organización do CPI e reanudouse novamente o 6 de maio. O alumnado de 2º e 3º ESO do club de lectura preparou unha coidada presentación arredor da traxectoria literaria da autora para centrarse a continuación nunha entrevista baseada na trama e a configuración temática de O misterio de Portomarín . O alumnado do club de lectura preparou, ademais, materiais de creación propia para celebrar a visita da autora ao centro. É o caso de recreacións gráficas da portada da obra, retratos da autora, marcapáxinas e chaveiros.