Entradas

Charla de sensibilización arredor da África lusófona

Imagen
 O luns, 18 de maio, ás 12.25h, o alumnado de 3º ESO participou nun charla de sensibilización arredor das circunstancias nas que vive a África lusófona, organizada pola biblioteca do centro con motivo da celebración das Letras Galegas, para que o estudantado do centro asocie este festexo non só ao ámbito literario galego, senón sobre todo á irmandade da cultura galega e lusófona. 

Acto do Día das Letras Galegas (17 de maio)

Imagen
 O venres 15 de maio celebrouse o Acto do Día das Letras Galegas no CPI Cabo da Area. Dito acto foi organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega en colaboración co Equipo de Biblioteca. O alumnado das etapas de infantil, primaria e secundaria participaron nuha homenaxe á escritora Begoña Caamaño, figura elixida neste ano 2026. O Acto consistiu na lectura de discursos para inaugurar a cerimonia de maneira cálida e amistosa. A continuación, realizouse a homenaxe propiamente dita. Neste sentido, o alumnado de cada curso escolar pasou fío de lá de cores por riba do debuxo de Begoña que estaba pintado no chan do pavillón a gran escala. Finalmente, profesorado e alumnado cantaron xuntos a canción titulada Begoñísima composta pola cantante galega Uxía Senlle, ao mesmo tempo, amiga de Begoña Caamaño. O acto clausurouse coa lectura dun discurso de agradecemento. Para esta cerimonia cargada de simbolismo o Equipo de Dinamización da Lingua Galega deseñou un debuxo da autora a gran ...

Sesión de contacontos no Día do Libro

Imagen
 Os/As alumnas de 5º e 6º de educación primaria, xunto cos estudantes do club de lectura de 4º ESO, participaron nunha macrosesión de contacontos en calidade de relatores para os seus compañeiros e compañeiras de educación infantil, 1º, 2º, 3º e 4º de educación primaria. Toda a comunidade educativa do centro reuniuse na pista deportiva do CPI Cabo da Area para escoitar os textos que os relatores escolleron para o alumnado de menor idade co fin de celebrar o Día do Libro.  O alumnado do club de lectura de 4º ESO tivo con espectadores aos estudantes de 3º e 4º de educación primaria, aos que lle leron unha selección de textos elixidos por eles, como Rapunzel con piollos , Contos do Sol e da Lúa , Cuentos cortos , Un monstruo no me deja comer , As manoplas de Carapuchiña e As aventuras de Osiño. 

Encontro literario do club de lectura de 3º ESO con Lola López-Menéndez

Imagen
 O xoves, 7 de maio, o alumnado do club de lectura de 3º ESO participou nun encontro literario virtual coa novelista e xornalista Lola López-Menéndez, autora de Ardentía 1890. El naufragio del Serpent. O alumnado do club de lectura de 3º ESO realizou unha presentación sobre os fitos máis importantes da traxectoria artística da autora e aproveitou a ocasión para formularlle unha serie de preguntas sobre a trama e a confección da segunda obra da saga. A entrevista íntegra a Lola López-Menéndez pódese escoitar na páxina web da nosa emisora escolar: "Cabo da Area nas Ondas".

A Busca dos libros voadores polo Día do libro (23 de abril)

Imagen
 A biblioteca das etapas de infantil e primaria organizou unha actividade para os máis pequenos chamada "Libros voadores" coa súa correspondente cartelería. Os libros voadores son libros provistos de ás brancas que botaron a voar polo colexio adiante para explorar o mundo. Finalmente, agocháronse nos recunchos máis insospeitados da escola. Deste xeito, os meniños e meniñas tiveron que emprender unha búsqueda dos mesmos semellando a búsqueda do tesouro. Os nenos e nenas non podían atrapa-los libros, nin tan sequera tocalos. O que debían facer era atopar algún destes libros voadores e avisar aos profesores do equipo da biblioteca para que eles tomasen nota da ubicación exacta na que estes se agochaban.

Exposición de libros infanto xuvenís polo Día do libro (23 de abril)

Imagen
 Nas etapas de educación infantil e primaria oraganizouse unha exposición de libros infantís e xuvenís de autores clásicos e contemporáneos que gozan de amplo recoñecemento na literatura universal. Algúns destes autores son Roal Dahl, autor de libros coma Charlie e a fábrica de chocolate e Agu Trot, entre outros; Lewis Caroll, autor de Alicia no país das marabillas e Xulio Verne, autor de Viaxe ao centro da terra, entre outros; Edagar Alla Poe , autor de O escarabello de ouro e outros relatos, entre outros, etc. Deste xeito, os alumnos e as alumnas destas etapas poden acceder a estas obras célebres da literatura universal e tamén a obras de autores nacionais coma Elvira Lindo, autora de Manolito gafotas . Trátase de libros que estiveron presentes na infancia de moitos nenos e nenas que agora, ditos nenos/as son persoas adultas. Noutras palabras, a lectura destas obras clásicas e contemporáneas fai que perdure unha herdanza cultural común. Día do Libro 2026

Exposición de libros sobre o espazo con motivo da misión Artemis II

Imagen
       O 1 de abril do ano 2026 a NASA iniciou a misión Artemis II co obxectivo de enviar unha tripulación de astronautas á lúa. O despegue desta histórica misión fíxose a bordo da nave Orión e pretetendía visitar a cara oculta deste satélite. As etapas de infantil e primaria quixeron rendirlle unha homenaxe á Misión Artemis II elaborando unha exposición de sobre o espazo. Deste xeito, os rapaces e rapazas poderán explorar e interesarse por este fascinante tema enmarcado no eido científico. Exposición do Espazo con motivo da Misión Artemis II da NASA 2026