Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2026

Obradoiro de radio para o alumnado do club de lectura de secundaria

Imagen
 No marco da Semana Cultural e con motivo da celebración da Semana da Prensa, parte do alumnado do club de lectura de 2º e 3º ESO participou o pasado 25 de marzo nun obradoiro de locución radiofónica impartido por Damián Alonso. Os/As estudantes, que colaboran activamente na iniciativa "A Radio na Biblio", xunto con outros compañeiros de 5º, 6º de educación primaria e 1º ESO, aprenderon da man deste especialista a redactar, emitir e gravar un guion radiofónico a tavés da modulación da voz e dos efectos sonoros e musicais que este xénero xornalístico permite. 

Obradoiro de baile tradicional galego

Imagen
       O mércores 25 de marzo, no marco da Semana Cultural, tivo lugar o Obradoiro de baile tradicional galego impartido polo profesor Miguel Abad e dirixido ao alumnado de 1º ESO.      Os rapaces e as rapazas escoitaron atentamente as explicacións de Miguel e praticaron os movementos de "punta, talón, punta", bailando ao son da pandeireta e mantendo o ritmo da muiñeira.      Finalmente, tamén bailaron en parellas compartindo risos e pisotóns mentres pasaron un momento divertido e alegre. Agora xa están preparados para bailar con xeito nas festas da aldea. Obradoiro de baile tradicional galego 2026

Obradoiro de Dramaturxia e expresión corporal para o alumnado do club de lectura de secundaria

Imagen
 O mércores, 25 de marzo, no marco da Semana Cultural do centro, parte do alumnado do club de lectura de 2º e 3º ESO, participou nun obradoiro de Dramaturxia e expresión corporal da man do artista Xan Martínez. O obxectivo deste taller foi familiarizar aos estudantes coas técnicas dramatúrxicas e coa acción escénica, facéndoos conscientes da importancia da corporalidade para emitir mensaxes claras, empáticas e convincentes.  A través dun xogo desenvolvido polo pedagogo teatral Peter Brook, traballouse a capacidade de escoita, de atención distributiva e de percepción corporal. Deste xeito, o alumnado do club de lectura de educación secundaria festexou o Día Internacional do Teatro (celebrado o 27 de marzo).

Contacontos en 6º EI

Imagen
 O pasado 11 de marzo, a alumna Triana Salvador (membro do club de lectura de 4º ESO) participou nunha sesión de contacontos co alumnado de 6º de educación infantil. Os seis integrantes do grupo gozaron enormemente coa súa recreación do conto Elmer , realizado a través de caixas e sombras chinescas. A nosa compañeira e especialista en Pedagoxía Terapéutica Águeda Ferreiro contribuíu de xeito trascendental á elaboración do guion para a interpretación do texto e dos materiais plásticos que a alumna empregou para a súa execución literaria. 

Día da muller, coñecido como 8-M (8 de marzo)

Imagen
 Para a conmemoración deste Día do 8-M , as etapas de educación infantil e primaria prepararon unha exposición de libros de temática feminista . En dita exposición podemos observar, por exemplo, a presenza de obras de activistas coma Malala Yousafzai , a nena pakistaní que loitou polo seu dereito a estudar . Esta muller forte e valente creou, no ano 2012, unha institución para promover o acceso das nenas á educación  chamada o Fondo Malala. O alumnado pode acceder a esta figura consultando a obra El lápiz mágico de Malala . 8-M 2026

Día da poesía (21 de marzo)

Imagen
 Polo día da poesía, que ten lugar o 21 de marzo de cada ano, preparouse unha exposición de libros de poesía en educación infantil e primaria. Deste xeito, o alumnado puido ter acceso a libros cheos de poemas e de versos propios deste xénero literario que estimula a creatividade e a sensibilidade de cada lector.

Encontro literario con Xan Martínez

Imagen
 O pasado 3 de marzo, o alumnado do club de lectura de 4º ESO participou nun encontro literario co artista Xan Martínez arredor do seu poemario As verbas do luns e de toda a súa traxectoria profesional, posto que o autor, a través do seu pseudónimo Xan Solo, é tamén dramaturgo, actor, director escénico, docente e músico.  O seu talento interpretativo fixo as delicias dos/das estudantes de 4º ESO, que tiveron ocasión de indagar sobre o panorama artístico no que Xan Martínez se move e entrevistalo arredor do proceso de confección de As verbas do luns . Ademais, na segunda parte do encontro, Xan Martínez recitou e musicou algunhas das composicións líricas que conforman o seu poemario, mantendo finalmente un coloquio co grupo arredor de temas tan trascendentais como a filosofía que impregna a súa obra.  Finalmente, o grupo rematou o encontro cunha foto co artista e cun pícnic literario, para o que o alumnado de 4º ESO extractou os seus versos máis significativos.  Os/As...

Día do Teatro (27 de marzo)

Imagen
 Con motivo da conmemoración do Día do Teatro, que ten lugar o 27 de marzo de cada ano, as etapas de educación infantil e primaria crearon unha exposición de libros de ámbito dramático presidida por un orixinal cartel con personaxes fantásticos detrás dun gran telón vermello.  Día do Teatro 2026 Os divertidos libros expostos tratan a temática teatral dende diferentes perspectivas e incluíndo personaxes coma marionetas, títeres, pantasmas e cabaleiros medievais, entre outros. En resumidas contas, o alumnado poderá gozar desta fabulosa exposición durante todo o mes de marzo. Neste sentido, as obras permiten coñecer o universo dramático máis de preto e inspirar ao alumnado para que deleiten ao público nas súas futuras representacións teatrais.

Listas de reprodución sobre Las lágrimas de Shiva e Desconocidos

 O alumnado do club de lectura de 2º e 3º ESO preparou unha serie de actividades creativas arredor das obras Las lágrimas de Shiva e Desconocidos . Algunhas das máis significativas foron o deseño de memes que afondaron de xeito humorístico na mensaxe ou nas emocións máis destacadas experimentadas polos principais personaxes dos textos.  Por outra banda, tamén elaboraron sendas listas de reprodución coa banda sonora das dúas novelas.  Podedes acceder á play list de Las lágrimas de Shiva desde a seguinte ligazón:  https://www.youtube.com/playlist?list=PLdf49obxGOaqJXR6IHOES8LH_8rO3D4t9 Así mesmo, a lista de reprodución correspondente a Desconocidos atópase aloxada na seguinte ubicación:  https://www.youtube.com/playlist?list=PLdf49obxGOaojKTgqnAxPI5ib5_p3nHj5

Memes sobre as lecturas de Las lágrimas de Shiva e Desconocidos

Imagen
 O alumnado do club de lectura de 2º e 3º ESO revisou nos meses de xaneiro e febreiro as obras Las lágrimas de Shiva , de César Mallorquí, e Desconocidos , de David Lozano. Tras a posta en común e análise temática de cada novela, os/as estudantes prepararon unha serie de memes que recrearon, en clave de humor, algunhas das escenas ou emocións máis significativas de ambos textos.  Velaquí tedes algunhas mostras da creatividade dos integrantes do club de lectura de 2º ESO: E, agora, outros exemplos dos memes creados polos/as estudantes de 3º ESO: