Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2025

Participación no programa Ponte nas Ondas

Imagen
 O alumnado do club de lectura "Libros ao Cabo" participou na emisión en directo para toda Galicia e Portugal do 30º aniversario do programa Ponte nas Ondas, desde o auditorio de Vimianzo, o mércores, 26 de marzo.  Os integrantes do club, xunto cos estudantes inscritos na radio escolar (desde 5º de educación primaria ata 3º ESO) e os compañeiros da materia de Economía de 4º ESO, prepararon unha intervención de vinte minutos de duración que se dividiu en tres partes.  A primeira delas versou sobre a influencia de Isidro Parga Pondal na localidade de Laxe; a segunda consistiu nunha entrevista a un dos máis insignes regueifeiros da comarca (Ignacio Lema) e a terceira foi a actuación en directo de Ignacio Lema acompañado coa pandeireita pola alumna de 4º ESO Nazaret Álvarez.  Podedes escoitar a intervención completa do alumnado do club de lectura no programa na seguinte ligazón da nosa radio escolar (Cabo da Area nas Ondas: https://zeno.fm/podcast/podcast-cabo-da-ar...