Participación no programa Ponte nas Ondas

 O alumnado do club de lectura "Libros ao Cabo" participou na emisión en directo para toda Galicia e Portugal do 30º aniversario do programa Ponte nas Ondas, desde o auditorio de Vimianzo, o mércores, 26 de marzo. 

Os integrantes do club, xunto cos estudantes inscritos na radio escolar (desde 5º de educación primaria ata 3º ESO) e os compañeiros da materia de Economía de 4º ESO, prepararon unha intervención de vinte minutos de duración que se dividiu en tres partes. 

A primeira delas versou sobre a influencia de Isidro Parga Pondal na localidade de Laxe; a segunda consistiu nunha entrevista a un dos máis insignes regueifeiros da comarca (Ignacio Lema) e a terceira foi a actuación en directo de Ignacio Lema acompañado coa pandeireita pola alumna de 4º ESO Nazaret Álvarez. 

Podedes escoitar a intervención completa do alumnado do club de lectura no programa na seguinte ligazón da nosa radio escolar (Cabo da Area nas Ondas: https://zeno.fm/podcast/podcast-cabo-da-area-nas-ondas/episodes/30-aniversario-ponte-nas-ondas/.

Ademais, o grupo aproveitou a ocasión para participar nunha visita guía polo castro de As Barreiras, na localidade de Vimianzo. 















Comentarios

Entradas populares de este blog

Postais navideñas na biblioteca de secundaria

Día de Rosalía