Pulseiras con mensaxes de paz para celebrar o Día da paz
Con motivo do día da Paz que se conmemora o 30 de xaneiro, o equipo de Biblioteca, en colaboración co equipo de Dixitalización e coa axuda de algún alumnado, confeccionou unhas pulseiras de cor azul e beige que contiñan mensaxes de paz. Ditas pulseiras foron entregadas a cada alumno da ESO. Nas pulseiras que o alumnado levou nos seus pulsos podemos atopar as seguintes mensaxes pronunciadas polas persoas máis influíntes da historia como por exemplo: "A paz comeza cun sorriso" Teresa de Calcuta. "A paz mundial comeza coa paz interior" Dalai Lama. "Non podes atopar a paz evitando a vida" Virginia Woolf. "A paz é sempre fermosa" Walt Whutman. "Non podes separar a paz da liberdade" Malcolm X. O alumnado colaborou colocando cada pulseira no pulso dun compañeiro e tamén pedindo axuda ás profesoras. As pulseiras foron lucidas para a celebración do Día da paz no colexio. Este foi o resultado: Día da Paz 2026