Pulseiras con mensaxes de paz para celebrar o Día da paz
Con motivo do día da Paz que se conmemora o 30 de xaneiro, o equipo de Biblioteca, en colaboración co equipo de Dixitalización e coa axuda de algún alumnado, confeccionou unhas pulseiras de cor azul e beige que contiñan mensaxes de paz. Ditas pulseiras foron entregadas a cada alumno da ESO.
"A paz comeza cun sorriso" Teresa de Calcuta.
"A paz mundial comeza coa paz interior" Dalai Lama.
"Non podes atopar a paz evitando a vida" Virginia Woolf.
"A paz é sempre fermosa" Walt Whutman.
"Non podes separar a paz da liberdade" Malcolm X.
O alumnado colaborou colocando cada pulseira no pulso dun compañeiro e tamén pedindo axuda ás profesoras. As pulseiras foron lucidas para a celebración do Día da paz no colexio. Este foi o resultado:




Comentarios
Publicar un comentario