Día de Rosalía de Castro (23 de febreiro)
Polo día de Rosalía, que tivo lugar o 23 de febreiro, educación secundaria preparou unha actividade que consistiu nunha caixa de correo do amor. Deste xeito, o alumnado podía introducir en dita caixa un poema da autora galega ou, se así o preferisen, unha mensaxe creada por eles mesmos e, finalmente, destinar esta correspondencia a un destinatario ou destinataria da súa elección. Con este xesto, animouse aos estudantes a enviar algo bonito a alguén mostrando o seu agarimo por esa persoa. Por outra banda, educación infantil e primaria prepararon unha exposición, coa súa correspondente cartelería, sobre Rosalía de Castro. En dita exposición, incluíronse imaxes da poetisa galega e tamén de mostras dalgunhas obras salientables cos seus correspondentes poemas manuscritos replicados. Igualmente, expuxéronse libros escritos por autores contemporáneos que afondaron nalgunha obra da autora e modernizaron o seu contido incluíndo reflexións e ilustracións como por exemplo o libro de Mi...