Mural e exposición do Entroido en educación infantil e primaria
Con motivo da celebración do Entroido, en educación infantil e primaria preparouse un mural e unha exposición sobre os traxes típicos do entroido tradicional galego. Para a elaboración desta exposición artística tomouse como referencia a Guía do Entroido galego da ilustradora Iria Prol.
Entroido 2026
O alumnado destas etapas puido contemplar as máscaras e os traxes típicos desta festividade en Galicia, vivida con máis intensidade na provincia de Ourense. Así pois, os seis personaxes máis significativos serían os Peliqueiros de Laza, os Pantallas de Xinzo de Limia, os Cigarróns de Verín, os Boteiros de Viana do Bolo e de Vilariño do Conso, e o Felo de Maceda.
Ademais, os alumnos tiveron acceso a moitos outros libros de temática de entroido sobre disfraces, maquillaxes e talleres de manualidades, entre outros. En definitiva, manuais explicativos moi útiles para consultar e sacar ideas interesantes que puideron aplicar ás súas propias indumentarias de entroido.

Comentarios
Publicar un comentario