Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2024

Postais navideñas na biblioteca de secundaria

Imagen
 A biblioteca de educación secundaria inaugurou o Nadal cunha exposición de postais en inglés e francés para celebrar estas datas. Ademais, o alumnado de 2º ESO do club de lectura preparou unha versión de Conto de Nadal, de Charles Dickens. Os textos serán publicados a través da aplicación Story Jumper para a creación dun libro dixital que recolla todas as achegas dos estudantes. 

Recomendacións literarias para o Nadal destinadas aos lectores adultos

Imagen
 O alumnado do club de lectura "Libros ao Cabo" elaborou un tríptico con recomendacións literarias para os lectores adultos da nosa comunidade educativa. Estas suxestións recollen unha coidada selección de obras en galego e castelán, entre as que se atopan o Premio Fernando Lara 2024, o Premio Planeta deste mesmo ano ou a obra finalista deste último certame. Non deixedes de achegarvos tamén aos volumes de narrativa histórica e á novela negra das autoras  máis vendidas dos últimos anos. 

Recomendacións lectoras para o Nadal destinadas ao alumnado da ESO

Imagen
Os/As integrantes do club de lectura "Libros ao Cabo" prepararon para os seus compañeiros e compañeiras de educación secundaria unha serie de recomendacións lectoras para gozar das vacacións navideñas cos títulos máis suxestivos da narrativa e a poesía en galego e en castelán. Velaquí tedes a súa selección!

Día Internacional das Persoas con Discapacidade

Imagen
 O equipo da biblioteca do centro organizou, en colaboración coa ANPA, un encontro literario entre a autora Sara Aramburu e o alumnado de educación infantil e primaria. A escritora presentou a súa obra ¿Dónde está mi vaso de agua? Trátase dun álbum ilustrado, cuxo protagonista é un neno desexoso de aprender e de superar os seus medos e dificultades.  Sara Aramburu levou a cabo un contacontos cos estudantes de infantil e unha charla sobre a confección do seu libro cos alumnos de primaria, que tamén aproveitaron a ocasión para realizarlle unha pequena entrevista.  Agradecemos á ANPA do centro e a Sara Aramburu a súa presenza no noso CPI para festexar unha data tan significativa como o Día Internacional das Persoas con Discapacidade (3 de decembro) e o Día Internacional dos Dereitos Humanos. 

Día da Edición (17 de decembro)

Imagen
 O alumnado de educación infantil e primaria está a conmemorar o Día da Edición (17 de decembro), participando co equipo da biblioteca destas dúas etapas no deseño, formato, tipografía e contido das recomendacións lectoras para o Nadal.  Amosámosvos nestas imaxes o proceso de confección dos trípticos. Proximamente, publicaremos os elementos decorativos que se van empregar e as recomendacións literarias propiamente. Agradecemos ao alumnado voluntario da biblioteca de infantil e primaria a súa colaboración neste interesante proxecto de animación á lectura.