Día Internacional das Persoas con Discapacidade
O equipo da biblioteca do centro organizou, en colaboración coa ANPA, un encontro literario entre a autora Sara Aramburu e o alumnado de educación infantil e primaria. A escritora presentou a súa obra ¿Dónde está mi vaso de agua? Trátase dun álbum ilustrado, cuxo protagonista é un neno desexoso de aprender e de superar os seus medos e dificultades.
Sara Aramburu levou a cabo un contacontos cos estudantes de infantil e unha charla sobre a confección do seu libro cos alumnos de primaria, que tamén aproveitaron a ocasión para realizarlle unha pequena entrevista.
Agradecemos á ANPA do centro e a Sara Aramburu a súa presenza no noso CPI para festexar unha data tan significativa como o Día Internacional das Persoas con Discapacidade (3 de decembro) e o Día Internacional dos Dereitos Humanos.
Comentarios
Publicar un comentario