Recomendacións literarias para o Nadal destinadas aos lectores adultos
O alumnado do club de lectura "Libros ao Cabo" elaborou un tríptico con recomendacións literarias para os lectores adultos da nosa comunidade educativa. Estas suxestións recollen unha coidada selección de obras en galego e castelán, entre as que se atopan o Premio Fernando Lara 2024, o Premio Planeta deste mesmo ano ou a obra finalista deste último certame. Non deixedes de achegarvos tamén aos volumes de narrativa histórica e á novela negra das autoras máis vendidas dos últimos anos.


Comentarios
Publicar un comentario