Entradas

Mostrando entradas de enero, 2025

Celebración do Día da Paz

Imagen
 O pasado xoves, 30 de xaneiro, o grupo de traballo da biblioteca do centro, en colaboración co equipo de Dinamización da Lingua Galega, festexou o Día da Paz cunha actividade colexial na que participou todo o alumnado do CPI Cabo da Area.  A dinámica dividiuse en dúas partes. Nos días previos á celebración, cada estudante elaborou o seu propio bote das emocións, identificando sentimentos positivos e negativos para tratar de potenciar os primeiros e minimizar os segundos a través de sentenzas, lemas ou frases que nos consolen cando nos atopamos mal e multipliquen a nosa ledicia cando estamos ben.  A segunda parte da actividade constitíu na entrega simbólica de dito bote das emocións a outro compañeiro ou compañeira. Este acto celebrouse no patio cuberto do edificio de educación infantil e primaria durante o recreo do xoves, 30 de xaneiro. Velaquí podedes ver as imaxes que inmortalizaron o momento:

Día das persoas usuarias das bibliotecas

Imagen
 O pasado 11 de xaneiro, o equipo da biblioteca do centro celebrou o Días das persoas usuarias das bibliotecas cunha actividade que consistía en proxectar un vídeo con imaxes das bibliotecas máis impactantes do mundo co fin de estimular a creatividade do alumnado e que este debuxase e describise a súa biblioteca ideal.  A intención deste grupo de traballo é organizar unha exposición coas suxestións gráficas e escritas dos/as estudantes ao longo do mes de xaneiro. Podedes atopar unha pequena mostra destes debuxos e descricións nas seguintes imaxes: 

Recreación de Canción de Nadal, de Charles Dickens

Imagen
 O alumnado do club de lectura de secundaria achegouse á obra Canción de Nadal , de Charles Dickens. Tras a lectura da mesma, cada estudante realizou a súa propia versión do texto a través da aplicación Story Jumper, que lles permitiu elaborar un conto visual, coa introdución da voz narrativa, os diálogos dos personaxes, audios e imaxes para contextualizar o texto.  Podedes atopar todas as versións do conto de Dickens na seguinte ligazón:    https://www.storyjumper.com/class/books/6113521/books.