Celebración do Día da Paz
O pasado xoves, 30 de xaneiro, o grupo de traballo da biblioteca do centro, en colaboración co equipo de Dinamización da Lingua Galega, festexou o Día da Paz cunha actividade colexial na que participou todo o alumnado do CPI Cabo da Area.
A dinámica dividiuse en dúas partes. Nos días previos á celebración, cada estudante elaborou o seu propio bote das emocións, identificando sentimentos positivos e negativos para tratar de potenciar os primeiros e minimizar os segundos a través de sentenzas, lemas ou frases que nos consolen cando nos atopamos mal e multipliquen a nosa ledicia cando estamos ben.
A segunda parte da actividade constitíu na entrega simbólica de dito bote das emocións a outro compañeiro ou compañeira. Este acto celebrouse no patio cuberto do edificio de educación infantil e primaria durante o recreo do xoves, 30 de xaneiro. Velaquí podedes ver as imaxes que inmortalizaron o momento:
Comentarios
Publicar un comentario