Día das persoas usuarias das bibliotecas
O pasado 11 de xaneiro, o equipo da biblioteca do centro celebrou o Días das persoas usuarias das bibliotecas cunha actividade que consistía en proxectar un vídeo con imaxes das bibliotecas máis impactantes do mundo co fin de estimular a creatividade do alumnado e que este debuxase e describise a súa biblioteca ideal.
A intención deste grupo de traballo é organizar unha exposición coas suxestións gráficas e escritas dos/as estudantes ao longo do mes de xaneiro. Podedes atopar unha pequena mostra destes debuxos e descricións nas seguintes imaxes:



Comentarios
Publicar un comentario