Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2025

Encontro literario con Adrián Gómez

Imagen
 O mércores, 26 de febreiro, o alumnado do club de lectura de secundaria participou nun encontro literario con escritor Adrián Gómez arredor da súa obra Aqueles corpos nosos . Os integrantes do club "Libros ao Cabo" leron o texto e reflexionaron sobre os seus conceptos clave, como a fascinación do novelista polo lobishome e outros elementos fantásticos procedentes da mitoloxía galega, a intertextualidade da obra, a forte presenza da maxia, a análise de realidades sociais de carácter inclusivo como a bisexualidade ou a loita fronte á discriminación do diferente.  O alumnado do club de lectura realizou unha presentación da figura e traxectoria literaria do autor, ademais dunha entrevista ao mesmo. Os estudantes prepararon para a ocasión debuxos da portada da novela, retratos do autor, marcapáxinas e un pícnic literario coas frases máis célebres extraídas de Aqueles corpos nosos .  O acto finalizou coa sinatura de exemplares e coa degustación do pícnic literario. 

Día de Rosalía

Imagen
 A biblioteca de educación infantil e primaria contribuíu á preparación da celebración do Día de Rosalía organizando unha pequena exposición coas obras da autora que se atopan nos nosos fondos bibliográficos.  Ademais, o alumnado do centro colaborará no deseño da roseira de Rosalía (actividade proposta polo equipo de Dinamización da Lingua Galega), deseñando flores con materiais reciclados que conteñan algúns dos versos máis significativos da poetisa de Padrón. 

Obradoiro sobre a arte da regueifa

Imagen
 O pasado martes, 11 de febreiro, o alumnado inscrito na radio escolar e os estudantes do club de lectura de secundaria participaron nun obradoiro sobre a arte da regueifa, impartido por Lupe Blanco. O alumnado dividiuse en dous grupos. O primeiro deles estivo formado polos estudantes de 5º e 6º de educación primaria e o segundo estivo integrado polos alumnos e alumnas de secundaria.  En ambos obradoiros, Lupe Blanco ensinou aos estudantes a compoñer coplas, seguindo a súa estrutura métrica, e a elaborar pequenas regueifas, onde cada grupo replicaba ao anterior arredor dun tema determinado.  Por último, a alumna Nerea Barcia (2º ESO), pertencente ao club de lectura "Libros ao Cabo", entrevistou a Lupe Blanco sobre a súa experiencia na regueifa para emitir na radio escolar (Cabo da Area nas Ondas), que podedes escoitar na seguinte ligazón: https://zeno.fm/podcast/podcast-cabo-da-area-nas-ondas/episodes/entrevista-a-lupe-sobre-as-regueifas/. Os estudantes gozaron enorm...