Encontro literario con Adrián Gómez
O mércores, 26 de febreiro, o alumnado do club de lectura de secundaria participou nun encontro literario con escritor Adrián Gómez arredor da súa obra Aqueles corpos nosos. Os integrantes do club "Libros ao Cabo" leron o texto e reflexionaron sobre os seus conceptos clave, como a fascinación do novelista polo lobishome e outros elementos fantásticos procedentes da mitoloxía galega, a intertextualidade da obra, a forte presenza da maxia, a análise de realidades sociais de carácter inclusivo como a bisexualidade ou a loita fronte á discriminación do diferente.
O alumnado do club de lectura realizou unha presentación da figura e traxectoria literaria do autor, ademais dunha entrevista ao mesmo. Os estudantes prepararon para a ocasión debuxos da portada da novela, retratos do autor, marcapáxinas e un pícnic literario coas frases máis célebres extraídas de Aqueles corpos nosos.
O acto finalizou coa sinatura de exemplares e coa degustación do pícnic literario.
Comentarios
Publicar un comentario