Entradas

Mostrando entradas de abril, 2025

Apadriñamentos lectores no Día do Libro

Imagen
  Os integrantes de secundaria do club de lectura “Libros ao Cabo”, xunto co equipo da biblioteca do centro, organizaron diversas sesións simultáneas de apadriñamentos lectores co alumnado de educación infantil e primaria do CPI Cabo da Area para celebrar o Día do Libro, que tiveron lugar o mércores, 23 de abril, no recreo. Así, as estudantes Nerea Barcia, Carla Castro e Claudia Senande (2º ESO) versionaron o texto A caixa dos recordos, Uno más e ¡Mamá al rescate! ¡Todas las mamás son súpermamás! , respectivamenente.  Pola súa parte, Naia e Paula Lema (2º ESO) realizaron unha magnífica lectura de A sopa queima e As dentaduras de Paco Palma . Así mesmo, Carla Ordóñez e Lara Peña (2º ESO) relataron con gran mestría El lápiz mágico de Malala e Rapunzel con piojos , respectivamente . Por outra banda, Noé Vigo e Nuno Tirado (2º ESO) prepararon unha demorada lectura da peza Alcaldesa Vermella; mentres que Pablo Rivera e Breogán Tirado (2º ESO) organizaron unha sesión de lectur...

Encontro literario co autor José Antonio Abad

Imagen
 O venres, 11 de abril, no marco da Semana cultural do centro, o alumnado do club de lectura "Libros ao Cabo" participou nun encontro literario co escritor José Antonio Abad, autor de Os planetas. A música do firmamento , inspirada na obra de Gustav Holst.  Os integrantes do club de lectura de secundaria recibiron ao escritor cunha presentación sobre a súa dilatada traxectoria profesional, vencellada á psicoloxía infantil, á música e á literatura.  Ademais, tras a lectura do texto, realizaron unha entrevista a José Antonio Abad sobre a vinculación dos planetas, o seu significado mitolóxico e a sintonía que caracteriza a cada un deles.  O alumnado do club preparou recreacións plásticas da portada da obra, marcapáxinas e chapas para agasallar ao autor.  O evento rematou coa sinatura de exemplares por parte de José Antonio Abad.