Encontro literario co autor José Antonio Abad
O venres, 11 de abril, no marco da Semana cultural do centro, o alumnado do club de lectura "Libros ao Cabo" participou nun encontro literario co escritor José Antonio Abad, autor de Os planetas. A música do firmamento, inspirada na obra de Gustav Holst.
Os integrantes do club de lectura de secundaria recibiron ao escritor cunha presentación sobre a súa dilatada traxectoria profesional, vencellada á psicoloxía infantil, á música e á literatura.
Ademais, tras a lectura do texto, realizaron unha entrevista a José Antonio Abad sobre a vinculación dos planetas, o seu significado mitolóxico e a sintonía que caracteriza a cada un deles.
O alumnado do club preparou recreacións plásticas da portada da obra, marcapáxinas e chapas para agasallar ao autor.
O evento rematou coa sinatura de exemplares por parte de José Antonio Abad.
Comentarios
Publicar un comentario