Apadriñamentos lectores no Día do Libro
Os integrantes de secundaria do club de lectura “Libros ao Cabo”, xunto co equipo da biblioteca do centro, organizaron diversas sesións simultáneas de apadriñamentos lectores co alumnado de educación infantil e primaria do CPI Cabo da Area para celebrar o Día do Libro, que tiveron lugar o mércores, 23 de abril, no recreo. Así, as estudantes Nerea Barcia, Carla Castro e Claudia Senande (2º ESO) versionaron o texto A caixa dos recordos, Uno más e ¡Mamá al rescate! ¡Todas las mamás son súpermamás!, respectivamenente.
Pola súa parte, Naia e Paula Lema (2º ESO) realizaron unha magnífica lectura de A sopa queima e As dentaduras de Paco Palma. Así mesmo, Carla Ordóñez e Lara Peña (2º ESO) relataron con gran mestría El lápiz mágico de Malala e Rapunzel con piojos, respectivamente.
Por outra banda, Noé Vigo e
Nuno Tirado (2º ESO) prepararon unha demorada lectura da peza Alcaldesa Vermella; mentres que Pablo
Rivera e Breogán Tirado (2º ESO) organizaron unha sesión de lectura das obras Los hombres no pegan e Cuando las niñas vuelan alto.
Pola súa parte, Borja Pereiro (2º ESO) teatralizaron o texto Violeta and Company cambian el mundo, á vez que Dani Castiñeira e Fatou Diagne (2º ESO)
asumiron o reto de versionar Frederick e Ferninando.
Ademais, Hugo Soto, Mario Mira, e Mirco Simal (2º ESO) leron para os máis cativos Leila. ¡Tan iguales y tan diferentes!, ¡Así no se juega! e Las niñas serán lo que quieran ser; e Laura Ordónez e Alejandro Vázquez (3º ESO) fixeron o propio con Novos amigos e Cándido e os demais, mentres que Ainara Cundíns (3º ESO) interpretou Artur e Clementina.
Finalmente, Marta Collazo, Sara Devesa, Naiara Toja e Yanira Vázquez (3º ESO) versionaron A que sabe a lúa?, Onde viven os monstros, Avoa de arriba e avoa de abaixo e Unha casa a medida e Mateo Toja (3º ESO) leu para os seus compañeiros e compañeiras de infantil Arco da Lúa.
Parabéns a todos e todas polo
magnífico labor realizado!
Non queremos deixar pasar a
oportunidade de expresar o noso agradecemento aos compañeiros e compañeiras de
educación infantil e primaria por acoller esta iniciativa do club de lectura “Libros ao
Cabo” e do equipo da biblioteca do centro.
Comentarios
Publicar un comentario