Manifestos e Exposición no Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller
O martes, 25 de novembro, a biblioteca do CPI Cabo da Area conmemorou o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, elaborando co alumnado de 6º de educación primaria, 1º ESO e cos integrantes do club de lectura de secundaria unha serie de manifestos para amosar a súa repulsa contra a violencia machista. Estes textos foron presentados e lidos no acto público celebrado no pavillón polideportivo do centro, que contou coa presenza das autoridades municipais do concello para inaugurar o evento. Alén dos manifestos, na Biblioteca de educación infantil e primaria realizouse unha exposición de libros e unha cartelería con temática vencellada ao feminismo, á igualdade e ao 25-N: Exposición 25-N e feminismo 2025