Sesión de lecturas terroríficas na biblioteca de secundaria

Co gallo da celebración do Samaín, o alumnado de 1º, 2º e 3º ESO reuniuse na biblioteca do edificio de secundaria (debidamente decorada para a ocasión) para compartir cos seus compañeiros e compañeiras a lectura de relatos de terror orixinais creados polos mesmos estudantes. 

 

 


A sesión tivo lugar o mércores, 29 de outubro, entre as 10h e as 11.15h. Nela, participaron como relatores catro alumnos de 1º ESO e os integrantes do club de lectura de 2º e 3º ESO. Todos eles traballaron previamente na aula a estrutura do conto de medo, achegándose tamén a unha selección de lecturas que lles proporcionaron ideas para deseñar posteriormente o seu propio texto. 



As lecturas foron amenizadas con música de suspense e dramatizadas polos/as relatores. Poderedes gozar do resultado final no podcast que se publicará proximamente na radio escolar ("Cabo de Area nas Ondas").

 








Comentarios

Entradas populares de este blog

Postais navideñas na biblioteca de secundaria

Obradoiro sobre a arte da regueifa

Día de Rosalía