Exposición mes da ciencia en Educación Infantil e Primaria e en Educación Secundaria
As bibliotecas de Infantil e Primaria e de Secundaria oraganizaron unha exposición científica para o mes de novembro, que é o mes da ciencia.
Neste sentido, os nenos e as nenas de infantil e primaria están gozando dunha magnífica exposición de obxectos científicos empregados pola humanidade ao longo do tempo. A exposición atópase no hall do colexio de Infantil e Primaria e entre ditos obxectos podemos atopar: disquetes, DVDs, Cds, cámaras de vídeo, unha máquina de escribir, prismáticos, entre outros. Deste xeito, a mocidade das novas xeracións ten acceso a coñecer un anaquiño da súa historia, vendo de preto os obxectos que empregaron as xeracións anteriores e a ver a evolución dos obxectos científicos e tecnolóxicos ao longo do tempo.
Ademais, na biblioteca de Infantil e Primaria as rapazas e os rapaces poden visitar unha exposición de libros científicos cos que deleitarse e observar aspectos da ciencia que poden espertar a súa curiosidade sobre este ámbito fascinante. Entre os libros expostos destacan: Enciclopedia da natureza, O espazo, O corpo humano, Inventos, entre outros.
Por outra banda, o alumnado de secundaria ten dispoñible unha exposición de libros científicos na biblioteca, entre os cales destacan: Mi primer libro de Física cuántica, Ciencia ilustrada, A ciencia no punto de mira e Ciencia optimista, entre outros. Tamén hai poden atopar unha exposición de experimentos científicos e tecnolóxicos feitos polo alumnado de secundaria.














Comentarios
Publicar un comentario