Feira científica
O departamento de Bioloxía do centro preparou, en colaboración co equipo da biblioteca, unha feira científica que contiña unha mostra de experimentación especialmente deseñados para o alumnado do centro. A actividade celebrouse o venres, 29 de novembro. Os estudantes de educación infantil e primaria visitaron o laboratorio e a biblioteca de secundaria para asistir ás demostracións científicas realizadas por Laura Acosta e alumnado de Bioloxía da ESO. En primeiro lugar, Laura Acosta montou unha exposición na entrada do edificio de secundaria que incluía maquetas feitas polo alumnado de secundaria e infografía sobre mulleres científicas galegas. Ademais, organizouse unha xornada de portas abertas no laboratorio, para traballar cos máis cativos as normas de uso deste espazo e amosarlles os materiais do laboratorio. Por último, a biblioteca de secundaria acolleu unha serie de experimentos adaptados aos distintos ciclos. Así, 4º, 5º e 6º de infantil presenciaron unha ...