Lecturas terroríficas polo Samaín na biblioteca de secundaria

 O alumnado de educación secundaria participou nunha sesión de lecturas terroríficas para celebrar o Samaín na tarde do martes, 29 de outubro. Os estudantes de 1º e 2º ESO do club de lectura do centro realizaron lecturas dos seus propios relatos de terror ante os compañeiros de 3º e 4º ESO. 



Ademais, os coordinadores da biblioteca e do club de lectura escolleron textos de medo de Paula Carballeira e Edgar Allan Poe para completar a sesión coas lecturas traballadas polo alumnado voluntario da biblioteca e do club de lectura de secundaria. 




As lecturas dramatizadas do alumnado do club de lectura de secundaria foron gravadas e emitidas na radio escolar: Cabo da Area nas Ondas. Podedes acceder ao podcast a través da seguinte ligazón: https://zeno.fm/podcast/podcast-cabo-da-area-nas-ondas/episodes/contos-de-samain-24-25/. 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Postais navideñas na biblioteca de secundaria

Obradoiro sobre a arte da regueifa

Día de Rosalía