O Samaín na biblioteca de educación infantil e primaria

 O equipo da biblioteca deseñou unha serie de actividades co alumnado de educación infantil e primaria para festexar o Samaín.

En primeiro lugar, ocupáronse de decorar a área de lectura con motivos terroríficos. 



Ademais, organizouse un concurso de manualidades terroríficas, no que participou o alumnado de educación infantil, 1º, 2º e 3º de primaria. Como podedes observar nas fotos que vos adxuntamos, as cabazas presentadas foron magníficas. Os membros do xurado tiveron verdadeiras dificultades para elixir as manualidades premiadas. Os gañadores das dúas modalidades foron Adrán Arias Mira (6º de educación infantil) e Carolina Andrade Romar (3º de educación primaria). Os agasallos foron entregados no desfile de Samaín que se organizou no centro o pasado 30 de outubro. 






Comentarios

Entradas populares de este blog

Gallegas de Samaín para o alumnado de infantil

Mes da Ciencia en galego

Lecturas terroríficas polo Samaín na biblioteca de secundaria