Feira científica

 O departamento de Bioloxía do centro preparou, en colaboración co equipo da biblioteca, unha feira científica que contiña unha mostra de experimentación especialmente deseñados para o alumnado do centro. A actividade celebrouse o venres, 29 de novembro. Os estudantes de educación infantil e primaria visitaron o laboratorio e a biblioteca de secundaria para asistir ás demostracións científicas realizadas por Laura Acosta e alumnado de Bioloxía da ESO. 

En primeiro lugar, Laura Acosta montou unha exposición na entrada do edificio de secundaria que incluía maquetas feitas polo alumnado de secundaria e infografía sobre mulleres científicas galegas. 

Ademais, organizouse unha xornada de portas abertas no laboratorio, para traballar cos máis cativos as normas de uso deste espazo e amosarlles os materiais do laboratorio. 

Por último, a biblioteca de secundaria acolleu unha serie de experimentos adaptados aos distintos ciclos. Así, 4º, 5º e 6º de infantil presenciaron unha demostración de cargas eléctricas e tensión superficial da auga. Pola súa parte, 1º e 2º de primaria asistiron a dúas prácticas de reaccións químicas. A continuación, 3º e 4º de primaria viron varios experimentos relacionados coas vibracións e a gravidade. Finalmente, 5º e 6º de primaria fixeron o propio coa densidade, a óptica e a luz. 

Agradecemos enormemente o traballo, esforzo e colaboración da nosa compañeira  Laura Acosta na preparación desta actividade. Parabéns!









Comentarios

Entradas populares de este blog

Postais navideñas na biblioteca de secundaria

Obradoiro sobre a arte da regueifa

Día de Rosalía