Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2026

Charla de sensibilización arredor da África lusófona

Imagen
 O luns, 18 de maio, ás 12.25h, o alumnado de 3º ESO participou nun charla de sensibilización arredor das circunstancias nas que vive a África lusófona, organizada pola biblioteca do centro con motivo da celebración das Letras Galegas, para que o estudantado do centro asocie este festexo non só ao ámbito literario galego, senón sobre todo á irmandade da cultura galega e lusófona. 

Acto do Día das Letras Galegas (17 de maio)

Imagen
 O venres 15 de maio celebrouse o Acto do Día das Letras Galegas no CPI Cabo da Area. Dito acto foi organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega en colaboración co Equipo de Biblioteca. O alumnado das etapas de infantil, primaria e secundaria participaron nuha homenaxe á escritora Begoña Caamaño, figura elixida neste ano 2026. O Acto consistiu na lectura de discursos para inaugurar a cerimonia de maneira cálida e amistosa. A continuación, realizouse a homenaxe propiamente dita. Neste sentido, o alumnado de cada curso escolar pasou fío de lá de cores por riba do debuxo de Begoña que estaba pintado no chan do pavillón a gran escala. Finalmente, profesorado e alumnado cantaron xuntos a canción titulada Begoñísima composta pola cantante galega Uxía Senlle, ao mesmo tempo, amiga de Begoña Caamaño. O acto clausurouse coa lectura dun discurso de agradecemento. Para esta cerimonia cargada de simbolismo o Equipo de Dinamización da Lingua Galega deseñou un debuxo da autora a gran ...

Sesión de contacontos no Día do Libro

Imagen
 Os/As alumnas de 5º e 6º de educación primaria, xunto cos estudantes do club de lectura de 4º ESO, participaron nunha macrosesión de contacontos en calidade de relatores para os seus compañeiros e compañeiras de educación infantil, 1º, 2º, 3º e 4º de educación primaria. Toda a comunidade educativa do centro reuniuse na pista deportiva do CPI Cabo da Area para escoitar os textos que os relatores escolleron para o alumnado de menor idade co fin de celebrar o Día do Libro.  O alumnado do club de lectura de 4º ESO tivo con espectadores aos estudantes de 3º e 4º de educación primaria, aos que lle leron unha selección de textos elixidos por eles, como Rapunzel con piollos , Contos do Sol e da Lúa , Cuentos cortos , Un monstruo no me deja comer , As manoplas de Carapuchiña e As aventuras de Osiño. 

Encontro literario do club de lectura de 3º ESO con Lola López-Menéndez

Imagen
 O xoves, 7 de maio, o alumnado do club de lectura de 3º ESO participou nun encontro literario virtual coa novelista e xornalista Lola López-Menéndez, autora de Ardentía 1890. El naufragio del Serpent. O alumnado do club de lectura de 3º ESO realizou unha presentación sobre os fitos máis importantes da traxectoria artística da autora e aproveitou a ocasión para formularlle unha serie de preguntas sobre a trama e a confección da segunda obra da saga. A entrevista íntegra a Lola López-Menéndez pódese escoitar na páxina web da nosa emisora escolar: "Cabo da Area nas Ondas".

A Busca dos libros voadores polo Día do libro (23 de abril)

Imagen
 A biblioteca das etapas de infantil e primaria organizou unha actividade para os máis pequenos chamada "Libros voadores" coa súa correspondente cartelería. Os libros voadores son libros provistos de ás brancas que botaron a voar polo colexio adiante para explorar o mundo. Finalmente, agocháronse nos recunchos máis insospeitados da escola. Deste xeito, os meniños e meniñas tiveron que emprender unha búsqueda dos mesmos semellando a búsqueda do tesouro. Os nenos e nenas non podían atrapa-los libros, nin tan sequera tocalos. O que debían facer era atopar algún destes libros voadores e avisar aos profesores do equipo da biblioteca para que eles tomasen nota da ubicación exacta na que estes se agochaban.