Entradas

Mostrando entradas de abril, 2026

Exposición de libros infanto xuvenís polo Día do libro (23 de abril)

Imagen
 Nas etapas de educación infantil e primaria oraganizouse unha exposición de libros infantís e xuvenís de autores clásicos e contemporáneos que gozan de amplo recoñecemento na literatura universal. Algúns destes autores son Roal Dahl, autor de libros coma Charlie e a fábrica de chocolate e Agu Trot, entre outros; Lewis Caroll, autor de Alicia no país das marabillas e Xulio Verne, autor de Viaxe ao centro da terra, entre outros; Edagar Alla Poe , autor de O escarabello de ouro e outros relatos, entre outros, etc. Deste xeito, os alumnos e as alumnas destas etapas poden acceder a estas obras célebres da literatura universal e tamén a obras de autores nacionais coma Elvira Lindo, autora de Manolito gafotas . Trátase de libros que estiveron presentes na infancia de moitos nenos e nenas que agora, ditos nenos/as son persoas adultas. Noutras palabras, a lectura destas obras clásicas e contemporáneas fai que perdure unha herdanza cultural común. Día do Libro 2026

Exposición de libros sobre o espazo con motivo da misión Artemis II

Imagen
       O 1 de abril do ano 2026 a NASA iniciou a misión Artemis II co obxectivo de enviar unha tripulación de astronautas á lúa. O despegue desta histórica misión fíxose a bordo da nave Orión e pretetendía visitar a cara oculta deste satélite. As etapas de infantil e primaria quixeron rendirlle unha homenaxe á Misión Artemis II elaborando unha exposición de sobre o espazo. Deste xeito, os rapaces e rapazas poderán explorar e interesarse por este fascinante tema enmarcado no eido científico. Exposición do Espazo con motivo da Misión Artemis II da NASA 2026

Encontro literario con Estefanía Padullés

Imagen
 O pasado venres, 10 de abril, no marco do Mes do Libro, o alumnado do club de lectura de 1º e 2º ESO participou nun encontro literario coa escritura, ilustradora e muralista Estefanía Padullés. O acto, presentado polos alumnos Alma Varela e Edu Pombo, comezou ás 12.25h e rematou ás 14.05h. Estivo composto de dúas grandes partes. A primeira delas foi o achegamento á traxectoria artística da autora, xunto cunha entrevista realizada polo resto dos/das estudantes de 2º ESO arredor da súa obra A egua de Breogán .  Posteriormente, a escritora impartiu un obradoiro arredor do proceso de confección e ilustración dun libro. E rematou cunha mostra do seu talento ao debuxar un mural que se colgará no corredor das aulas de 1º e 2º ESO presidido pola egua protagonista do seu libro e acompañada polo resto dos animais que os asistentes ao obradoiro lle solicitaron á artista.  O evento rematou cun pícnic literario e unha fotografía do grupo con Estefanía Padullés, que foi agasallada pol...

Curso de locución e dobraxe para a Radio escolar

Imagen
     O mércores 25 de marzo o alumnado seleccionado de 5º e 6º de educación primaria, e de 2º e 3º de educación secundaria recibiu un curso de locución e dobraxe, da man do locutor profesional Damián Alonso. O curso dividiuse en 3 partes: 1ª parte - Voz, Dicción e Guión: Nesta primeira parte o alumnado traballou a súa voz, a dicción e a interpretación lendo diferentes frases con entoacións diferentes e divertidas. 2ª parte - Escritura de Guión:      Nesta segunda parte o alumnado colocouse por parellas para escribir un guion. Primeiramente, elixiron un tema e logo, seguiron as indicacións do profesor para elaborar un guion. No guion desenvolveron dito tema coma se foran locutores de radio profesionais.  3ª parte - Gravación:      Aquí o alumnado aprendeu conceptos técnicos coma o de gravar o programa radiofónico e introducir e quitar a música, poñendo en práctica a entoación das frases ensinada previamente por Damián Alonso.   ...