Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2026

Día da muller, coñecido como 8-M (8 de marzo)

Imagen
 Para a conmemoración deste Día do 8-M , as etapas de educación infantil e primaria prepararon unha exposición de libros de temática feminista . En dita exposición podemos observar, por exemplo, a presenza de obras de activistas coma Malala Yousafzai , a nena pakistaní que loitou polo seu dereito a estudar . Esta muller forte e valente creou, no ano 2012, unha institución para promover o acceso das nenas á educación  chamada o Fondo Malala. O alumnado pode acceder a esta figura consultando a obra El lápiz mágico de Malala . 8-M 2026

Día da poesía (21 de marzo)

Imagen
 Polo día da poesía, que ten lugar o 21 de marzo de cada ano, preparouse unha exposición de libros de poesía en educación infantil e primaria. Deste xeito, o alumnado puido ter acceso a libros cheos de poemas e de versos propios deste xénero literario que estimula a creatividade e a sensibilidade de cada lector.

Día do Teatro (27 de marzo)

Imagen
 Con motivo da conmemoración do Día do Teatro, que ten lugar o 27 de marzo de cada ano, as etapas de educación infantil e primaria crearon unha exposición de libros de ámbito dramático presidida por un orixinal cartel con personaxes fantásticos detrás dun gran telón vermello.  Día do Teatro 2026 Os divertidos libros expostos tratan a temática teatral dende diferentes perspectivas e incluíndo personaxes coma marionetas, títeres, pantasmas e cabaleiros medievais, entre outros. En resumidas contas, o alumnado poderá gozar desta fabulosa exposición durante todo o mes de marzo. Neste sentido, as obras permiten coñecer o universo dramático máis de preto e inspirar ao alumnado para que deleiten ao público nas súas futuras representacións teatrais.

Listas de reprodución sobre Las lágrimas de Shiva e Desconocidos

 O alumnado do club de lectura de 2º e 3º ESO preparou unha serie de actividades creativas arredor das obras Las lágrimas de Shiva e Desconocidos . Algunhas das máis significativas foron o deseño de memes que afondaron de xeito humorístico na mensaxe ou nas emocións máis destacadas experimentadas polos principais personaxes dos textos.  Por outra banda, tamén elaboraron sendas listas de reprodución coa banda sonora das dúas novelas.  Podedes acceder á play list de Las lágrimas de Shiva desde a seguinte ligazón:  https://www.youtube.com/playlist?list=PLdf49obxGOaqJXR6IHOES8LH_8rO3D4t9 Así mesmo, a lista de reprodución correspondente a Desconocidos atópase aloxada na seguinte ubicación:  https://www.youtube.com/playlist?list=PLdf49obxGOaojKTgqnAxPI5ib5_p3nHj5

Memes sobre as lecturas de Las lágrimas de Shiva e Desconocidos

Imagen
 O alumnado do club de lectura de 2º e 3º ESO revisou nos meses de xaneiro e febreiro as obras Las lágrimas de Shiva , de César Mallorquí, e Desconocidos , de David Lozano. Tras a posta en común e análise temática de cada novela, os/as estudantes prepararon unha serie de memes que recrearon, en clave de humor, algunhas das escenas ou emocións máis significativas de ambos textos.  Velaquí tedes algunhas mostras da creatividade dos integrantes do club de lectura de 2º ESO: E, agora, outros exemplos dos memes creados polos/as estudantes de 3º ESO: