Día da muller, coñecido como 8-M (8 de marzo)
Para a conmemoración deste Día do 8-M, as etapas de educación infantil e primaria prepararon unha exposición de libros de temática feminista. En dita exposición podemos observar, por exemplo, a presenza de obras de activistas coma Malala Yousafzai, a nena pakistaní que loitou polo seu dereito a estudar. Esta muller forte e valente creou, no ano 2012, unha institución para promover o acceso das nenas á educación chamada o Fondo Malala. O alumnado pode acceder a esta figura consultando a obra El lápiz mágico de Malala.
8-M 2026


Comentarios
Publicar un comentario