Listas de reprodución sobre Las lágrimas de Shiva e Desconocidos
O alumnado do club de lectura de 2º e 3º ESO preparou unha serie de actividades creativas arredor das obras Las lágrimas de Shiva e Desconocidos. Algunhas das máis significativas foron o deseño de memes que afondaron de xeito humorístico na mensaxe ou nas emocións máis destacadas experimentadas polos principais personaxes dos textos.
Por outra banda, tamén elaboraron sendas listas de reprodución coa banda sonora das dúas novelas.
Podedes acceder á play list de Las lágrimas de Shiva desde a seguinte ligazón: https://www.youtube.com/playlist?list=PLdf49obxGOaqJXR6IHOES8LH_8rO3D4t9
Así mesmo, a lista de reprodución correspondente a Desconocidos atópase aloxada na seguinte ubicación: https://www.youtube.com/playlist?list=PLdf49obxGOaojKTgqnAxPI5ib5_p3nHj5
Comentarios
Publicar un comentario