Día do Teatro (27 de marzo)
Con motivo da conmemoración do Día do Teatro, que ten lugar o 27 de marzo de cada ano, as etapas de educación infantil e primaria crearon unha exposición de libros de ámbito dramático presidida por un orixinal cartel con personaxes fantásticos detrás dun gran telón vermello.
Día do Teatro 2026
Os divertidos libros expostos tratan a temática teatral dende diferentes perspectivas e incluíndo personaxes coma marionetas, títeres, pantasmas e cabaleiros medievais, entre outros. En resumidas contas, o alumnado poderá gozar desta fabulosa exposición durante todo o mes de marzo. Neste sentido, as obras permiten coñecer o universo dramático máis de preto e inspirar ao alumnado para que deleiten ao público nas súas futuras representacións teatrais.

Comentarios
Publicar un comentario