Feira científico-tecnolóxica na biblioteca de secundaria
O equipo da biblioteca celebrou o Mes da Ciencia en Galego coa organización dunha feira científico-tecnolóxica grazas á colaboración inestimable dos departamentos de Física e Química e Tecnoloxía. O acto tivo lugar o luns, 15 de decembro, entre as 09:30h e as 11:15h, na biblioteca de secundaria.
Parte do alumnado de 1º, 2º e 4º ESO, da man dos docentes Marcos Maseda e Fran Meijide, expuxeron ante os/as estudantes de educación infantil e primaria o funcionamento de varios experimentos. Por exemplo, a creación orixinal duns volcáns na materia de Proxecto competencial, de coches robots, de emisión musical recreada a partir de corrente conectada con auga, dunha casa cun muíño de vento para purificar o aire, de xogos de construción...
Podedes comprobar o entusiasmo do público asistente nas seguintes imaxes.
O equipo da biblioteca desexa agradecer aos departamentos de Física e Química e Tecnoloxía o seu labor imprescindible para o desenvolvemento da actividade.










Comentarios
Publicar un comentario