Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2026

Certames de manualidades, apócemas e relatos de terror no Samaín

Imagen
  O Equipo da Biblioteca do CPI Cabo da Area convocou, con motivo da celebración do Samaín, unha serie de certames nos que o alumnado do centro tivo ocasión de demostrar a súa creatividade. Así, os/as estudantes de educación infantil e primeiro ciclo de primaria participaron no concurso de manualidades terroríficas. Os seus gañadores foron Ruth Díaz Traba (6º EI) e Kevin García Insua (1º EP), respectivamente.  Pola súa parte, o alumnado do segundo ciclo de primaria inscribiuse no certame de apócemas, resultando gañadora Catalina Acosta Callegari (3º EP); mentres que os estudantes do terceiro ciclo e o alumnado de educación secundaria demostraron as súas destrezas creativas no concurso de relatos de terror, que gañaron Dylan Romar Varela (5º EP) e Elena Sampedro Vázquez (3º ESO). Parabéns a todos e todas! 

Día das Bibliotecas Escolares (24 de outubro) e Día do Lector e das Lectoras en Galicia (3 de novembro) no club de lectura de secundaria

Imagen
  O venres, 23 de outubro, foi o día seleccionado para a inauguración da actividade literaria e cultural do club de lectura de secundaria no curso 2026-2027, vencellada nesta ocasión á celebración doutro festexo directamente vinculado á literatura: o Día do Lector e das Lectoras en Galicia (3 de novembro). Para conmemorar ambas festividades, o grupo de secundaria deseñou unha tarefa de predicción de lectura arredor do texto “Corazón delator”, de Edgar Alan Poe. O alumnado do club de lectura de secundaria escolleu este texto como un achegamento á literatura de terror, que traballarán proximamente para preparar os seus propios relatos de medo durante o Samaín. Aínda que non nos propoñamos facelo de xeito explícito, sempre que lemos, facemos constantemente predicións: sobre o tipo de texto, o seu contido, a postura do autor respecto ao tema tratado ou a caracterización dos personaxes (no caso dunha obra literaria). Non sempre acertamos; ás veces, o autor xoga connosco, asentando a a...