Impartición de clases en educación infantil e primaria por parte do alumnado do club de lectura

 O alumnado do club de lectura de 2º ESO preparou durante o primeiro trimestre unha actividade dedicada a establecer nexos de unión entre os/as estudantes das tres etapas educativas que concentra o noso CPI. Os doce alumnos e alumnas que compoñen o club de lectura de 2º ESO organizáronse en pequenos grupos de traballo, seleccionando en primeiro lugar o curso ao que querían dirixirse para impartir unha sesión lectiva e a área que máis lles interesaba. 

Así, dúas estudantes (Ainhoa Fandiño e Alma Varela) escolleron 5º de educación infantil, coa finalidade de traballar cos nenos e nenas do grupo as cores en inglés, os animais en galego e participar nunha sesión de contacontos de misterio. O resultado foi magnífico, tal e o como podedes comprobar na atención que amosaron os cativos e que queda reflectida das seguintes imaxes. 


Pola súa parte, outra alumna (Elena Sampedro) escolleu 3º de educación primaria para afondar co grupo sobre o vocabulario en galego a través de diversas dinámicas lúdicas que fixeron as delicias dos estudantes: Elena diseminou pistas pola aula para que os nenos e nenas as atopasen e formasen con elas dúas expresións tipicamente galegas. Ademais, entusiasmou ao alumnado coas interferencias que provocou o teléfono escacharrado. 








Ademais, catro estudantes do club de lectura de 2º ESO (Leo Pargo, Lucio Scorziello, Daniel Vázquez e Erik Vigo) prepararon unha dinámica deportiva co alumnado de Educación Física de 4º de educación primaria. 


Finalmente, outros tres estudantes de 2º ESO (Nicolás Rodríguez, Edu Pombo e Marco Insua) organizaron co alumnado de 6º de educación primaria distintas competicións futbolísticas o martes, 13 de xaneiro. 



Para poder levar a cabo estas sesións lectivas, os membros do club de lectura formáronse nas distintas 
áreas a través de lecturas específicas en todas elas. 

Parabéns a todos e todas polo resultado final!






Comentarios

Entradas populares de este blog

Postais navideñas na biblioteca de secundaria

Día de Rosalía