Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2026

Día das escritoras

Imagen
O martes 13 de outubro, celebrouse o Día das Escritoras. Para conmemorar esta festividade, a Biblio do Cabo preparou unha exposición temática cunha selección de obras dalgunhas das autoras máis representativas de literatura galega, española e universal.  Ademais, varias alumnas colaboraron coas profes na elaboración duns cartaces para decorar a exposición da biblioteca de secundaria.  Na bibilio de primaria, tamén fíxose unha exposición que inclúe libros asinados polas escritoras.  Ademais, o alumnado de 1º ESO participou nunha sesión de caza do tesouro literaria na que tivo que resolver diferentes enigmas e superar unha serie de probas relacionadas con algunhas das escritoras máis destacadas da nosa literatura.  Con esta iniciativa, quixemos render unha pequeña homenaxe a todas aquelas mulleres que deixaron unha pegada imprescindible na literatura. 

Obradoiro “Violencia de xénero e novo contexto dixital” para o alumnado do club de lectura de 2º ESO

Imagen
 O xoves, 5 de novembro, o alumnado de 2º ESO do club de lectura participou no obradoiro "Violencia de xénero e novo contexto dixital", impartido por Pantallas Amigas e centrado no coñecemento e prevención das novas formas de violencia que xorden no marco dixital: ciberviolencia de xénero, grooming e sextorsión, entre outras.  O grupo recibiu esta formación para preparar con maior coñecemento de causa a seguinte actividade do club de lectura: a elaboración dun manifesto de repulsa contra a violencia machista co que conmemorarán o 25 de novembro.

Sesión de lecturas terroríficas, organizada polo equipo de biblioteca e polo club de lectura de secundaria

Imagen
 Co gallo da celebración do Samaín, o alumnado de educación secundaria reuniuse na biblioteca (debidamente decorada para a ocasión) para compartir cos seus compañeiros e compañeiras a lectura de relatos de terror orixinais creados polos mesmos estudantes. A sesión tivo lugar o martes, 3 de novembro, entre as 16.10h e as 17.30h. Nela, participaron como relatores cinco alumnos de 1º ESO e os integrantes do club de lectura de 3º ESO. Todos eles traballaron previamente na aula a estrutura do conto de medo, achegándose tamén a unha selección de lecturas que lles proporcionaron ideas para deseñar posteriormente a súa propia historia. Durante a sesión, a alumna Miriam Lema Vázquez recibiu o accésit do concurso de relatos de terror de secundaria pola magnífica calidade do texto que presentou ao certame e os/as estudantes da materia de Oratoria estrearon unha curtametraxe terrorífica integramente orixinal ideada, escrita, protagonizada e editada por Nerea Barcia, Alberto Lago, Carla Ord...