Día das Bibliotecas Escolares (24 de outubro) e Día do Lector e das Lectoras en Galicia (3 de novembro) no club de lectura de secundaria
O venres, 23 de outubro, foi o día seleccionado para a inauguración da actividade literaria e cultural do club de lectura de secundaria no curso 2026-2027, vencellada nesta ocasión á celebración doutro festexo directamente vinculado á literatura: o Día do Lector e das Lectoras en Galicia (3 de novembro). Para conmemorar ambas festividades, o grupo de secundaria deseñou unha tarefa de predicción de lectura arredor do texto “Corazón delator”, de Edgar Alan Poe. O alumnado do club de lectura de secundaria escolleu este texto como un achegamento á literatura de terror, que traballarán proximamente para preparar os seus propios relatos de medo durante o Samaín.
Aínda que non nos propoñamos facelo de xeito explícito,
sempre que lemos, facemos constantemente predicións: sobre o tipo de texto, o
seu contido, a postura do autor respecto ao tema tratado ou a caracterización
dos personaxes (no caso dunha obra literaria). Non sempre acertamos; ás veces,
o autor xoga connosco, asentando a acción no previsible só para darnos unha
sorpresa —dando un xiro brusco cara ao final que fai que o inverosímil pareza,
de súpeto, posible—. É aquí onde residen realmente o talento e a creatividade
dos grandes autores: en sorprender o lector, converténdoo nun participante
activo da obra, invitándoo a reflexionar e obrigándoo a encher os ocos —a
intuír ou deducir o que falta e a tomar decisións sobre as omisións deliberadas
que o escritor teceu no texto—. Para ver isto en acción, imos achegarnos a un
texto que esixe moito máis ca unha simple lectura pasiva. Vexamos que podemos
descubrir! Estás preparado para poñer a túa imaxinación a proba? Clica na
seguinte ligazón: https://forms.gle/5dSUk5HCP4yJoXQw6

Comentarios
Publicar un comentario