Certames de manualidades, apócemas e relatos de terror no Samaín
O Equipo da Biblioteca do CPI Cabo da Area convocou, con motivo da celebración do Samaín, unha serie de certames nos que o alumnado do centro tivo ocasión de demostrar a súa creatividade.
Así, os/as estudantes de educación
infantil e primeiro ciclo de primaria participaron no concurso de manualidades
terroríficas. Os seus gañadores foron Ruth Díaz Traba (6º EI) e Kevin García Insua (1º EP), respectivamente.
Pola
súa parte, o alumnado do segundo ciclo de primaria inscribiuse no certame de
apócemas, resultando gañadora Catalina Acosta Callegari (3º EP); mentres que os
estudantes do terceiro ciclo e o alumnado de educación secundaria demostraron
as súas destrezas creativas no concurso de relatos de terror, que gañaron Dylan Romar Varela (5º EP) e Elena Sampedro Vázquez (3º ESO).
Parabéns a todos e todas!
Comentarios
Publicar un comentario