Sesión de lecturas terroríficas, organizada polo equipo de biblioteca e polo club de lectura de secundaria
Co gallo da celebración do Samaín, o alumnado de educación secundaria reuniuse na biblioteca (debidamente decorada para a ocasión) para compartir cos seus compañeiros e compañeiras a lectura de relatos de terror orixinais creados polos mesmos estudantes.
A sesión tivo lugar o martes, 3 de novembro, entre as 16.10h
e as 17.30h. Nela, participaron como relatores cinco alumnos de 1º ESO e os
integrantes do club de lectura de 3º ESO. Todos eles traballaron previamente na
aula a estrutura do conto de medo, achegándose tamén a unha selección de
lecturas que lles proporcionaron ideas para deseñar posteriormente a súa propia
historia.
Durante a sesión, a alumna Miriam Lema Vázquez recibiu o
accésit do concurso de relatos de terror de secundaria pola magnífica calidade
do texto que presentou ao certame e os/as estudantes da materia de Oratoria estrearon
unha curtametraxe terrorífica integramente orixinal ideada, escrita,
protagonizada e editada por Nerea Barcia, Alberto Lago, Carla Ordóñez, Claudia
Senande e Breogán Tirado, dirixidos pola súa profesora Raquel Cartelle.

















Comentarios
Publicar un comentario