Día das escritoras
O martes 13 de outubro, celebrouse o Día das Escritoras. Para conmemorar esta festividade, a Biblio do Cabo preparou unha exposición temática cunha selección de obras dalgunhas das autoras máis representativas de literatura galega, española e universal.
Ademais, varias alumnas colaboraron coas profes na elaboración duns cartaces para decorar a exposición da biblioteca de secundaria.
Ademais, o alumnado de 1º ESO participou nunha sesión de caza do tesouro literaria na que tivo que resolver diferentes enigmas e superar unha serie de probas relacionadas con algunhas das escritoras máis destacadas da nosa literatura.
Con esta iniciativa, quixemos render unha pequeña homenaxe a todas aquelas mulleres que deixaron unha pegada imprescindible na literatura.



Comentarios
Publicar un comentario