Celebración do Día das Bibliotecas Escolares 2025



 O pasado venres, 24 de outubro, a Biblio do Cabo celebrou o Día das Bibliotecas Escolares. Para iso, realizáronse diversas actividades: unha sesión de formación de usuarios/as para o alumnado de 1º de educación secundaria e tamén a presentación dos membros do club de lectura para o curso 2025-2026. O alumnado aproveitou para visitar as dúas exposicións que se encontran activas neste momento na biblioteca do edificio de secundaria: a correspondente ao Día das Escritoras e a de lecturas de terror para conmemorar o Samaín. 

Velaquí podedes atopar as imaxes.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Postais navideñas na biblioteca de secundaria

Obradoiro sobre a arte da regueifa

Día de Rosalía