Recomendacións de lecturas terroríficas para o Samaín
Durante o mes de outubro, a Biblio do Cabo celebrará a festividade do Samaín a través de diversas actividades das que vos iremos informando puntualmente. En primeiro lugar, organizouse unha pequena exposición con obras sobre esta temática, como El fantasma de Canterville, Cazaría salvaxe, O bosque dos raposos aforcados ou El retrato de Dorian Grey.
Podedes inspirarvos nestes textos para participar no certame de relatos de terror que a biblioteca do centro convocará proximamente.
Comentarios
Publicar un comentario