Contacontos en 6º EI

 O pasado 11 de marzo, a alumna Triana Salvador (membro do club de lectura de 4º ESO) participou nunha sesión de contacontos co alumnado de 6º de educación infantil. Os seis integrantes do grupo gozaron enormemente coa súa recreación do conto Elmer, realizado a través de caixas e sombras chinescas. A nosa compañeira e especialista en Pedagoxía Terapéutica Águeda Ferreiro contribuíu de xeito trascendental á elaboración do guion para a interpretación do texto e dos materiais plásticos que a alumna empregou para a súa execución literaria. 











Comentarios

Entradas populares de este blog

Obradoiro de Dramaturxia e expresión corporal para o alumnado do club de lectura de secundaria

Manifestos e Exposición no Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller