Encontro literario con Xan Martínez

 O pasado 3 de marzo, o alumnado do club de lectura de 4º ESO participou nun encontro literario co artista Xan Martínez arredor do seu poemario As verbas do luns e de toda a súa traxectoria profesional, posto que o autor, a través do seu pseudónimo Xan Solo, é tamén dramaturgo, actor, director escénico, docente e músico. 

O seu talento interpretativo fixo as delicias dos/das estudantes de 4º ESO, que tiveron ocasión de indagar sobre o panorama artístico no que Xan Martínez se move e entrevistalo arredor do proceso de confección de As verbas do luns.



Ademais, na segunda parte do encontro, Xan Martínez recitou e musicou algunhas das composicións líricas que conforman o seu poemario, mantendo finalmente un coloquio co grupo arredor de temas tan trascendentais como a filosofía que impregna a súa obra. 



Finalmente, o grupo rematou o encontro cunha foto co artista e cun pícnic literario, para o que o alumnado de 4º ESO extractou os seus versos máis significativos. 


Os/As estudantes do club de lectura de 4º ESO agasallaron ao autor cunha serie de marcapáxinas creados por eles mesmos. 




Comentarios

Entradas populares de este blog

Obradoiro de Dramaturxia e expresión corporal para o alumnado do club de lectura de secundaria

Manifestos e Exposición no Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller