Obradoiro de baile tradicional galego

     O mércores 25 de marzo, no marco da Semana Cultural, tivo lugar o Obradoiro de baile tradicional galego impartido polo profesor Miguel Abad e dirixido ao alumnado de 1º ESO.


    Os rapaces e as rapazas escoitaron atentamente as explicacións de Miguel e praticaron os movementos de "punta, talón, punta", bailando ao son da pandeireta e mantendo o ritmo da muiñeira.



    Finalmente, tamén bailaron en parellas compartindo risos e pisotóns mentres pasaron un momento divertido e alegre. Agora xa están preparados para bailar con xeito nas festas da aldea.
Obradoiro de baile tradicional galego 2026



Comentarios

Entradas populares de este blog

Obradoiro de Dramaturxia e expresión corporal para o alumnado do club de lectura de secundaria

Manifestos e Exposición no Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller