Encontro literario con Estefanía Padullés

 O pasado venres, 10 de abril, no marco do Mes do Libro, o alumnado do club de lectura de 1º e 2º ESO participou nun encontro literario coa escritura, ilustradora e muralista Estefanía Padullés. O acto, presentado polos alumnos Alma Varela e Edu Pombo, comezou ás 12.25h e rematou ás 14.05h. Estivo composto de dúas grandes partes. A primeira delas foi o achegamento á traxectoria artística da autora, xunto cunha entrevista realizada polo resto dos/das estudantes de 2º ESO arredor da súa obra A egua de Breogán


Posteriormente, a escritora impartiu un obradoiro arredor do proceso de confección e ilustración dun libro. E rematou cunha mostra do seu talento ao debuxar un mural que se colgará no corredor das aulas de 1º e 2º ESO presidido pola egua protagonista do seu libro e acompañada polo resto dos animais que os asistentes ao obradoiro lle solicitaron á artista. 


O evento rematou cun pícnic literario e unha fotografía do grupo con Estefanía Padullés, que foi agasallada polos membros do club de lectura de 2º ESO cunha serie de marcapáxinas creados por eles. 




Comentarios

Entradas populares de este blog

Postais navideñas na biblioteca de secundaria

Día de Rosalía