Curso de locución e dobraxe para a Radio escolar
O mércores 25 de marzo o alumnado seleccionado de 5º e 6º de educación primaria, e de 2º e 3º de educación secundaria recibiu un curso de locución e dobraxe, da man do locutor profesional Damián Alonso.
O curso dividiuse en 3 partes:
1ª parte - Voz, Dicción e Guión:
Nesta primeira parte o alumnado traballou a súa voz, a dicción e a interpretación lendo diferentes frases con entoacións diferentes e divertidas.
2ª parte - Escritura de Guión:
Nesta segunda parte o alumnado colocouse por parellas para escribir un guion. Primeiramente, elixiron un tema e logo, seguiron as indicacións do profesor para elaborar un guion. No guion desenvolveron dito tema coma se foran locutores de radio profesionais.
3ª parte - Gravación:
Aquí o alumnado aprendeu conceptos técnicos coma o de gravar o programa radiofónico e introducir e quitar a música, poñendo en práctica a entoación das frases ensinada previamente por Damián Alonso.
Finalmente, o alumnado aproveitou o curso de maneira substancial xa que os rapaces e as rapazas aprenderon unha morea de cousas e as súas impresións foron moi positivas.
Curso de Locución e Dobraxe 2026









Comentarios
Publicar un comentario