Exposición de libros infanto xuvenís polo Día do libro (23 de abril)

 Nas etapas de educación infantil e primaria oraganizouse unha exposición de libros infantís e xuvenís de autores clásicos e contemporáneos que gozan de amplo recoñecemento na literatura universal. Algúns destes autores son Roal Dahl, autor de libros coma Charlie e a fábrica de chocolate e Agu Trot, entre outros; Lewis Caroll, autor de Alicia no país das marabillas e Xulio Verne, autor de Viaxe ao centro da terra, entre outros; Edagar Alla Poe, autor de O escarabello de ouro e outros relatos, entre outros, etc.



Deste xeito, os alumnos e as alumnas destas etapas poden acceder a estas obras célebres da literatura universal e tamén a obras de autores nacionais coma Elvira Lindo, autora de Manolito gafotas. Trátase de libros que estiveron presentes na infancia de moitos nenos e nenas que agora, ditos nenos/as son persoas adultas. Noutras palabras, a lectura destas obras clásicas e contemporáneas fai que perdure unha herdanza cultural común.



Día do Libro 2026


Comentarios

Entradas populares de este blog

Obradoiro de Dramaturxia e expresión corporal para o alumnado do club de lectura de secundaria

Manifestos e Exposición no Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller