A Busca dos libros voadores polo Día do libro (23 de abril)

 A biblioteca das etapas de infantil e primaria organizou unha actividade para os máis pequenos chamada "Libros voadores" coa súa correspondente cartelería.


Os libros voadores son libros provistos de ás brancas que botaron a voar polo colexio adiante para explorar o mundo. Finalmente, agocháronse nos recunchos máis insospeitados da escola. Deste xeito, os meniños e meniñas tiveron que emprender unha búsqueda dos mesmos semellando a búsqueda do tesouro.

Os nenos e nenas non podían atrapa-los libros, nin tan sequera tocalos. O que debían facer era atopar algún destes libros voadores e avisar aos profesores do equipo da biblioteca para que eles tomasen nota da ubicación exacta na que estes se agochaban.











Comentarios

Entradas populares de este blog

Obradoiro de Dramaturxia e expresión corporal para o alumnado do club de lectura de secundaria

Manifestos e Exposición no Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller